Seleccionar página

CONTA ATRÁS PARA OS V PREMIOS FOUCIÑO

Día(s)

:

Hora(s)

:

Minuto(s)

:

Segundo(s)

PREMIOS FOUCIÑO

Os Premios Fouciño de cinema nacen coa intención de dinamizar a Costa da Morte e loitar contra o seu illamento cultural, achegando unha programación innovadora e vangardista a un concello rural como é Zas.

Desde a primeira edición, os Fouciño convertéronse nun importante punto de encontro do sector e fixéronse un oco dentro do panorama audiovisual Galego.

Logo do éxito da derradeira edición, os Premios Fouciño, primeiro certame de curtametraxes da Costa da Morte, afrontan a súa V Edición, co obxetivo de volver a traer a maxia do cine a Baio.

CONVOCATORIA E CATEGORÍAS

O concurso de curtametraxes celebrarase o sábado 25 de outubro en Baio (Zas).

O certame contará con tres categorías: Xeral, Escolar e Premio do Público. Poderán presentarse curtas cunha duración máxima de 10 minutos.

 

PREMIOS

En cada categoría, ademáis do premio monetario, as gañadoras serán galardoadas cun trofeo en forma de fouciño.

Os premios son os seguintes:

Categoría xeral

Categoría escolar

Premios do público

INSCRICIÓNS

As inscricións para o certame están abertas dende o 1 de abril ata o 30 de xuño de 2025 ás 23:59h.

INFO CENTROS EDUCATIVOS

Se es un centro educativo e queres que nos acheguemos a contarvos que son os Premios Fouciño e como podedes presentarvos, facemos charlas para animar ao alumnado á participación no certame coa intención de achegar o mundo do audiovisual aos máis novos. Envía un correo a premiosfoucino@gmail.com

Síguenos nas redes

Praza do Campo, 1. 15850 Zas. A Coruña

+(34) 981 70 83 03

correo@concellodezas.org