CONTA ATRÁS PARA OS V PREMIOS FOUCIÑO
Día(s)
:
Hora(s)
:
Minuto(s)
:
Segundo(s)
Os Premios Fouciño de cinema nacen coa intención de dinamizar a Costa da Morte e loitar contra o seu illamento cultural, achegando unha programación innovadora e vangardista a un concello rural como é Zas.
Desde a primeira edición, os Fouciño convertéronse nun importante punto de encontro do sector e fixéronse un oco dentro do panorama audiovisual Galego.
Logo do éxito da derradeira edición, os Premios Fouciño, primeiro certame de curtametraxes da Costa da Morte, afrontan a súa V Edición, co obxetivo de volver a traer a maxia do cine a Baio.
PROGRAMACIÓN
Os V Premios Fouciño terán lugar entre o xoves 23 e o sábado 25 de outubro de 2025 en Baio (Zas).
Durante eses días realizaranse actividades e proxeccións no Edificio Praza S/N (xunto á pastelería Guindas) en Baio.
O concurso de curtas terá lugar o sábado 25 de novembro. Proxectaranse as pezas finalistas de entre as presentadas e despois terán lugar as votacións do xurado e o público. Finalmente, realizarase a entrega de premios e pecharase o festival con concertos na Praza Jorge Mira de Baio.
CONVOCATORIA E CATEGORÍAS
![]() |
O concurso de curtametraxes celebrarase o sábado 25 de outubro en Baio (Zas). O certame contará con tres categorías: Xeral, Escolar e Premio do Público. Poderán presentarse curtas en galego cunha duración máxima de 10 minutos. |
PREMIOS
En cada categoría, ademáis do premio monetario, as gañadoras serán galardoadas cun trofeo en forma de fouciño.
Os premios son os seguintes:
Categoría xeral
Categoría escolar
Premios do público
INSCRICIÓNS
As inscricións para o certame de 2025 están pechadas desde o 30 de xuño de 2025 ás 23:59h.


